Monday 29 de April de 2024

O III Festival Folclórico de Brión reunirá este domingo á A.C. Algueirada e ás Escolas de Música e Danza Tradicional de Brión


A terceira edición do Festival Folclórico de Brión terá lugar este domingo 17 de xullo, a partir das 21:00 horas, e contará coa participación da Asociación Cultural Algueirada (Pontecesures) e das Escolas de Música e Danza Tradicional do Concello de Brión. A última hora, a organización decidiu cambiar a ubicación do festival, inicialmente programado na Carballeira de Santa Minia pero que finalmente terá lugar na Praza do Concello de Brión. A asistencia e libre e de balde. No caso de choiva, o festival trasladaríase ao pavillón polideportivo municipal de Brión.